Arzúa, 9 de abril do 2019 – Xaquín García será o candidato de Compromiso por Galicia a alcaldía de Arzúa nas vindeiras eleccións municipais do 26 de maio.
Xaquín García foi alcalde desde o 2003 ata o 2011 polo BNG. Ao longo contou en momentos puntuais co Psoe para gobernar, tivo maiorías absolutas e dase a circunstancia de que o actual alcalde foi o seu concelleiro de cultura ata que por diferenza internas decidiuse presentar como independente.
García foi inhabilitado durante seis meses por non cumprir unha sentenza de derrubo da cuarta planta dun edificio autorizado de forma ilegal por gobernos anteriores; o máis curioso é que aínda hai un ano o concello sacaba a licitación de dito derrubo sen que polo momento se producira. Tantas voltas dou o problema que chegou ao punto de que o PP preguntaba a principios de marzo polas xestións para o derrubo quedando xa no esquecemento que foi un dos seus gobernos o que provocou a situación.
Xaquín García Couso levaba afastado da política desde o 2011. Foi concelleiro desde 1995 ao 2003 cando fíxose coa alcaldía. No seu traballo como rexedor saneou as contas municipais e unha das suas actuacións foi o arranxo da travesía principal do pobo onde se eliminaron barreiras e polo tanto favoreceu a peatonalización de dita infraestrutura.