Emenda a totalidade do orzamento de Touro

0

Touro, 4 de febreiro do 2021 – O BNG de Touro ven de presentar unha emenda a totalidade dos orzamentos do concello para o 2021.

Os orzamentos de Touro serán debatidos nun pleno este xoves. Os nacionalistas solicitan que sexan elaborados de novo dada a situación de crise sanitaria e económica actual.

O BNG inclúe na emenda toda unha serie de propostas que, a seu xuízo, deben ser recollidas no orzamento. Solicitan que se aumente o gasto social e se definan axudas directas ás actividades económicas máis afectadas durante a pandemia como hostalería ou comercio. Piden tamén que se contemple nas contas unha redución de impostos para estes sectores.

Os nacionalistas presentan unha segunda liña de propostas para Touro encamiñada a aumentar os investimentos produtivos para promover a reactivación económica.  Proponse a creación dun viveiro de empresas no polígono empresarial para o apoio ás iniciativas de novos proxectos empresariais en Touro, aproveitando as convocatorias anuais de axudas que para tal fin se convocan pola Xunta de Galicia.

O Bloque emenda os orzamentos tamén no aspecto do emprego. Piden un plan de promoción de apoio ao comercio local e á venda directa de produtos do sector primario. En este sentido engaden na solicitude a creación dunha plataforma telemática e a dotación de banda ancha en todo o término municipal.

Finalmente o BNG de Touro reitera peticións xa levadas a pleno anteriormente como a creación dun punto limpo, dun centro de día, dun plan de cambio de toda a sinaléctica do concello, ou a creación de rutas de sendeirismo explicativas e roteiros polas fervenzas do concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial