Emprendemento social con R de Territorio

0

Bisbarra, 3 de novembro do 2020 – A Fundación Roberto Rivas lanza o programa  RR_ dTerritorio, unha iniciativa pioneira para promover o emprendemento social innovador en sete comarcas de Galicia

R de Territorio  ten como obxetivo impulsar a formación e incubación de proxectos emprendedores enfocados nas comarcas de Deza-Tabeirós, Melide, Chantada, O Carballiño, A Ulloa, Arzúa e Santiago. Emprendedores e profesionais poden presentar os seus proxectos ata o 1 de decembro a través da web  rrdterritorio. com

Fundación Roberto Rivas

Esta iniciativa está impulsada pola Fundación Roberto Rivas, unha entidade privada, independente e sen ánimo de lucro que promove o desenvolvemento sostible das comunidades, inclusivo coas persoas e respectuoso coa contorna, co apoio do emprendedora León Startup. Con este programa pretende dar un paso máis no seu compromiso cos territorios de Galicia, activando unha iniciativa que pretende xerar riqueza e desenvolvemento a través de proxectos pensados para os territorios nos que se asentan e dirixidos por emprendedores que lideren a transformación deses territorios.

O obxectivo principal do programa  RR_ dTerritorio é detectar o talento local e impulsar proxectos de emprendemento capaces de dar resposta ás necesidades de desenvolvemento dos territorios do interior de Galicia, o que se fará a través do propio programa, que inclúe unha convocatoria para emprendedores e a posterior incubación dos seus proxectos, coa finalidade de que poidan converterse en realidade.

Formación e incubación de ideas

As persoas interesadas poden presentar xa o seu proxecto ou idea a través do formulario activo na web  rrdterritorio. com Un comité de avaliación valorará as ideas recibidas e seleccionaranse aos candidatos que participarán no programa de incubación.

Os emprendedores seleccionados participarán nun programa de formación e incubación 100%  experiencial, que se caracteriza por estar conectado ao territorio e á súa realidade. A formación teórica combinarase con dinámicas prácticas, talleres e actividades de contacto co territorio a través da colaboración que se establecerá coas empresas, axentes sociais e asociacións das comarcas. Este programa de incubación presencial terá unha duración de tres meses, desde o 11 de xaneiro ao 9 de abril de 2021, e desenvolverase nas instalacións do viveiro de empresas de Silleda.

Durante este proceso acompañarase aos emprendedores no proceso de xestación das súas ideas e proxectos; facilitarase o acceso á formación e tecnoloxía; transferirase experiencia e coñecemento; e facilitarase acceso a financiamento público e privado. 

Programa innovador

O emprendemento social innovador é unha das claves para o crecemento sostible e sostido dos territorios, liderado polas persoas e baseado en ofrecer solucións e alternativas diferentes á industria establecida, a través da innovación e o uso de novas tecnoloxías. Promover este tipo de emprendemento é impulsar un desenvolvemento de futuro, adaptado ás necesidades de cada territorio e preparado para transformalo desde o punto de vista económico e social.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial