En marcha a rehabilitación da Ponte Furelos en Melide

0

Melide, 4 de decembro do 2020 – O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana iniciou unha nova actuación de mellora do Camiño de Santiago Francés coa rehabilitación e posta en valor da ponte de Furelos, en Melide.

Os traballos na Ponte Furelos están incluídos no Programa de Rehabilitación do Patrimonio Arquitectónico. O comezo das obras foi supervisado pola subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; e o alcalde de Melide, Xosé Manuel Pérez.

Acompañados polo concelleiro de Urbanismo, José Antonio Prado; e a directora da Área de Fomento da Delegación do Goberno en Galicia, Ana Quintairos; a subdelegada e o alcalde foron informados polo directora da obra das características e prazos do proxecto, cuxa execución prevista é de seis meses e que conta cun orzamento de 285.515 euros, financiados integramente polo ministerio.

A iniciativa enmarcase dentro da adecuación de tramos do Camiño de Santiago Francés, o que supón a mellora da contorna urbana inmediata, ao seu paso por poboacións, ademáis da recuperación de edificacións e monumentos que garden relación directa coas actividades dos peregrinos.

O Ministerio traballa para que esta e outras intervencións no Camiño de Santiago estén dispostas para os visitantes no próximo Ano Santo, contribuíndo así a dinamizar o turismo e xerar actividade económica local. O investimento global deste programa de intervención de interés cultural no Camiño Francés a Santiago ao seu paso por dez municipios da Coruña e Lugo ascende a case cinco millóns de euros, con actuacións nos concellos de O Pino, Arzúa, Melide, Palas de Rei, Portomarín, Paradela, Sarria, Samos, Triacastela, Monterroso e Pedrafita do Cebreiro.

A intervención na ponte de Furelos, plantexada de maneira respectuosa e sensible, permitirá revalorizar a historia e o patrimonio de Melide, aportando á vez modernidade a un fito na travesía dos peregrinos polo Camiño de Santiago coma é a ponte medieval de Furelos, considerada unha das obras de arquitectura civil máis destacadas da ruta xacobea. Por ese motivo, a proxecto propón unha plataforma que salva o desnivel ata o río onde se poderán realizar actividades de lectura, pesca, contemplación ou aparcamento de bicicletas, para continuar despois a travesía que sempre representa o Camiño de Santiago.

Trátase de pór en valor o monumento, mediante a reparación das patoloxías non estruturais, a limpeza e repavimentación da súa superficie, e a creación dun miradoiro, na ladeira sur do río, que sirva coma plataforma de observación da propia ponte e coma punto de descanso para os peregrinos.

Tal como subliñou a subdelegada, a execución da obra demostra o compromiso do Goberno na protección do patrimonio cultural español e enmarcase dentro do Programa de Rehabilitación do Patrimonio Arquitectónico, que consiste na execución de obras relevantes de rehabilitación do patrimonio e dotación de equipamentos públicos cos orzamentos propios do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, xa que o Mitma exerce como órgano de contratación dos traballos, de tal forma que no exercicio de 2019 destinou máis de 21 millóns de euros a este programa.

O Ministerio financia tamén outro importante número de actuacións de rehabilitación a través do Programa do 1,5% Cultural, que constitúe un dos instrumentos da Administración Xeral do Estado para responder ao mandato constitucional polo que os poderes públicos deben garantir a conservación e promover o enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobos de España.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial