Encontro sen precedentes en Santa Comba sobre os eólicos

0

Bisbarra, 23 de setembro do 2021 – Este venres terá lugar o Primeiro Encontro Intermunicipal sobre os eólicos no que participan asociacións de 5 comarcas e están convidados alcaldes de 12 concellos.

A cita as oito da tarde no edificio multiusos de Santa Comba. Está previsto que participen asociacións da Costa da Morte, e as comarcas do Xallas,  A barcala, Soneira e Barbanza. Zonas que están afectadas territorialmente con máis de 30 parques eólicos en tramitación.

Ao encontro están convidados alcaldes e alcaldesas de Carballo, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Laxe, Mazaricos,Vimianzo, Outes, A Baña, Val do Dubra, Carnota, Negreira e Sta. Comba.

A idea da deste encontro xurde dende as organizacións e plataformas veciñais que, neste momento, loitan contra diversos proxectos eólicos tramitados sobre estas comarcas.

Os impulsores son os colectivos Coordinadora Bergantiñana pola Defensa da Terra, Quijote de Outes, Fonte Seca, APEOM, Ecoloxistas en acción Galiza Costa da Morte / Ortegal, Asociación Cultural Larada, BerXallas Minaría Destrucción Non, Patrimonio e Natureza e membros da Rede Galega por un Rural Vivo. O obxectivo é crear lazos entre os distintos colectivos e os equipos de goberno municipais.

Tamén se busca dar a coñecer as distintas sensibilidades e posibles alternativas a esta transición e planificación do modelo enerxético, que tal como se está a levando, dende o goberno autonómico ou estatal, presenta serias ameazas en termos ambientais, económicos e sociais.

Defensa do territorio

Os colectivos veciñais explican que estes parques eólicos presentan uns fortes impactos sobre os concellos, tanto a nivel patrimonial como sobre a economía ligada ao medio ou a saúde da veciñanza. A proximidade dos aeroxeradores aos núcleos de poboación terá unha afección directa sen que estes parques eólicos repercutan positivamente no desenvolvemento económico e social dos concellos.

A plataforma engade que se busca “deixar de ser un territorio de sacrificio” e propoñer posibles alternativas para intentar frear esta avalancha de tramitación de parques eólicos, implicando ao maior número posible de alcaldes e alcaldesas..

O principal obxectivo do encontro é unir forzas e propoñer estratexias conxuntas na defensa do territorio e os dereitos da veciñanza. Búscase reverter o “descontrol e desregulación na tramitación dos parques eólicos e líneas de alta tensión asociadas que estamos a sufrir por parte da Administración Autonómica e o Goberno de España”..

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial