Escape room de Harry Potter en Lousame

0

Lousame, 14 de outubro do 2020 – Fin de semana de actividades en Lousame entre as que destaca un escape room inspirada no famoso persoaxe de J.K. Rowling, Harry Potter.

A fin de semana complétase cun concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona. Dous espectáculos gratuítos pero de aforo limitado debido á Covid-19, polo que os veciños e veciñas que desexen asistir a algún deles deberán reservar a súa entrada na Casa da Cultura de Lousame (981 825 780).

Escape room de Harry Potter en Lousame “Atrapados con Harry Potter” é un novidoso obradoiro creativo dirixido a nenos e nenas de 7 anos en adiante. A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, explica que “trátase dunha escape room, unha das actividades de lecer máis puxantes nestes momentos entre o público novo. A dinámica é moi sinxela: as persoas que participen serán encerradas nun espazo cunha decoración inspirada na novela Harry Potter e o cáliz de lume e terán que axudar ao novo mago a fuxir desa habitación na que está atrapado a través da resolución de distintos enigmas”.

Para facilitar a participación do maior número de rapaces e rapazas de Lousame, o Concello organizará tres sesións: ás 17:00, 18:00 e 19:00 horas. Unha actividade de 45 minutos que terá lugar na Casa da Cultura para conmemorar o Día da Biblioteca 2020, organizada polo Concello de Lousame en colaboración co programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.

Concerto infantil

Para o domingo 18 de outubro, ás 18:00 horas, queda o concerto infantil “Astronauta sideral”, do grupo Uxía Lambona e a Banda Molona. Para aumentar o aforo, o concerto non terá lugar no auditorio da Casa da Cultura senón no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, ata onde poderán achegarse un máximo de cen persoas. “Astronauta sideral” é o terceiro disco desta banda musical infantil nacida no ano 2014 e que ten como obxectivo facer cantar e bailar a todos os nenos e nenas que se acheguen ao polideportivo lousamiá.

Como nos seus anteriores traballo, o equipo de Troula Animación SL achegará á rapazada de Lousame unha selección de música tradicional galega dun xeito atractivo e divertido, cambiando as letras e os estilos musicais, mesturándoos con intervencións cómicas, mascotas e outras sorpresas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial