Concerto extraordinario da Escola de Altos Estudos Musicais coa Real Filharmonía de Galicia

0

Compostela, 6 de xuño do 2017 – Varios solistas da Escola de Altos Estudos Musicais actuarán mañá mércores coa Real Filharmonía de Galicia nun concerto de balde que terá lugar no Teatro Principal de Compostela.

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral, un curso de posgrao recoñecido como título propio pola Universidade de Santiago que naceu hai seis anos como unha experiencia pioneira en España. Diríxese aos que remataron os seus estudos musicais e buscan integrarse nunha orquestra. Como colofón ao ano académico, varios alumnos do centro, seleccionados polo seu nivel de excelencia, participan como solistas nun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG).

O concerto da Escola de Altos Estudos Musicais de este ano celebrarase mañá mércores, 7 de xuño, ás 20:30 horas no Teatro Principal. A entrada é gratuíta, previa retirada da invitación na billeteira do propio teatro, de 18:00 a 21:00 horas de martes a sábado ou unha hora antes do inicio do concerto.

A escola e a orquestra conforman un proxecto musical único, xa que os profesores instrumentais da EAEM proceden da Real Filharmonía, coa que os alumnos participan nos seus concertos ao longo da temporada. Nesta ocasión os músicos estarán dirixidos polo mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da RFG e da escola.

Obras de Vivaldi, Mozart, Emanuel Bach, Haydn, Weber, Bottesini, Dvoràk e Bruch

Os once alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais seleccionados para participar como solistas neste concerto son Agate Amilibia e Enrique García, violoncellos, Lola Salas, frauta, Paloma Diago, violín, Sara Fernández, óboe, Borja Suárez, trompeta, Azucena Mirás, fagot, Amador del Pozo, contrabaixo, Garazi Echeandía, violín, Daniel González, clarinete e Ane Aguirre, viola.

Cada un deles protagonizará unha obra para o seu instrumento. Tocarán obras completas ou fragmentos do Concerto para dous violoncellos de Vivaldi, Concerto para frauta de Carl Phillipp Emanuel Bach, Concerto para violín nº 4 de Mozart, Concerto para óboe de Mozart, Concerto para trompeta de Haydn, Concerto para fagot de Carl Maria von Weber, Allegro alla Mendelssohn de Giovanni Bottesini, Romanza para violín de Antonin Dvoràk e Concerto para clarinete e viola de Max Bruch.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial