Este venres comeza “a gran recollida”

0

Bisbarra, 16 de novembro do 2021 – Supermercados Gadis únese desde este venres á campaña solidaria “a gran recollida”,  impulsada a nivel nacional pola Federación Española de Banco de Alimentos  FESBAL

Gadis, desde este venres, 19 de novembro, e ata o día 28, invita aos seus clientes a realizar doazóns en 196 puntos de venda de Galicia e Castela e León. Algúns establecementos contarán con voluntarios para informar sobre esta acción.

O formato elixido é mediante achega económica nas caixas no momento de abonar a compra. Os clientes que contribúan recibirán un  comprobante conforme realizaron a doazón.

Para facilitar a loxística, volve repetir o sistema de doazón económica implantado en 2020. Unha fórmula que, o ano pasado, puxo de manifesto a gran xenerosidade dos clientes de Supermercados  Gadis que doaron, en total, 481.392 €

Unha vez máis, todo o que se recade irá destinado aos 11 bancos de alimentos cos que a compañía colabora habitualmente: Rías Altas (A Coruña, Ferrol e Santiago), Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora.

Supermercados  Gadis coopera coa  Gran Recollida desde o ano 2014. Esta iniciativa ponse en marcha a finais do mes de novembro co obxectivo de axudar aos bancos de alimentos para as festas do Nadal.

Esta acción enmárcase no programa de Responsabilidade Social Corporativa da compañía, no que a solidariedade é un dos principais eixos, tanto a través de apoio a ONG’ s, asociacións de diversa índole e institucións, como co desenvolvemento de iniciativas propias. Unha das máis coñecidas, tamén a favor dos bancos de alimentos, é Maio Solidario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial