Estudan a recuperación da Casa Reitoral e o Mosteiro de San Antoiño de Toques

0

Toques, 23 de outubro do 2020 – O conxunto patrimonial de San Antoiño de Toques, do que falabamos hai unhas semanas, recibiu onte a visita da subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo.

López-Rioboo estivo acompañada na visita a San Antoiño de Toques polo alcalde Miguel Buján quen trasladou o seu interese por levar a cabo posibles actuacións na Casa Reitoral e no antigo mosteiro. As iniciativas serán analizadas pola Subdelegación do Goberno e trasladadas aos correspondentes departamentos estatais para valorar a súa viabilidade, a través fundamentalmente do Ministerio de Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana e do Ministerio de Cultura.

Distintos proxectos en marcha

A subdelegada analizou co alcalde diversos proxectos ambientais, enerxéticos e culturais para o municipio.  Pilar López-Rioboo e Miguel  Buján repasaron iniciativas xa desenvolvidas, e que contan con participación estatal, como a primeira fase de renovación das instalacións da iluminación pública no municipio, que requiriu un investimento global de 132.740,60 euros, dos que 106.192,50 foron achegados a través do IDAE, dentro do marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible. Este programa está destinado ao financiamento de proxectos singulares das entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono e centra gran parte dos seus obxectivos en plans de carácter enerxético e ambiental.

No encontro supervisouse ademais a segunda fase deste plan, que culminará a renovación de todo a iluminación pública do municipio. Esta fase terá un custo de 207.001,24 euros, dos que 165.600,99 serán achegados polo  IDAE e o resto, 41.400,25 euros, será custeado polo Concello. Tras a finalización deste plan de renovación estímase que o aforro económico para as arcas municipais no relativo ao mantemento e consumo enerxético será aproximadamente do 60 por cento do actual.

O  concello tamén recibirá unha axuda de 70.173,88 euros do  IDAE para acometer a renovación das instalacións de calefacción térmica do edificio da Casa do concello e da aula de Interpretación da Natureza, nun proxecto cuxo custo total é de 87.717,35 euros, e que permitirá tamén outro importante aforro para o futuro xa que o aforro enerxético conseguido será do 91 e do 73 por cento, respectivamente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial