Estudios Potemkin organiza un mercadillo musical

0

Compostela, 2 de decembro do 2021 – Os Estudios Potemkin, dos que falamos no seu día en Lindeiros,  organizan este sábado día catro un mercadillo musical.

Este tipo de encontros son moi habituáis en outros lugares e serven para intercambiar, comprar ou vender calqueira cousa relacionada coa música. Non se trata só de discos ou instrumentos xa que todo ten cabida.

O responsable de Potemkin explica que “pode asistir calqueira que teña un obxecto relacionado coa música, e que se queira desfacer del. Desde vinilos ou cintas de casete ata camisetas de grupos ou merchandasing”.

Como estudo de grabación os instrumentos de calquera tipo, pedais de efectos, platos de batería, etc terán tamén unha presenza importante.

O mercadillo celebrarase nos mesmos estudos, no polígono do Tambre, desde as dez e media da mañá as dúas e media da tarde, este sábado día catro. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial