Ames, 1 de decembro do 2020 – A Xunta de Goberno de Ames iniciou un expediente sancionador contra a contrata encargada da obra do novo comedor para o CEIP A Maía.
A empresa ten agora 10 días para presentar as alegacións e a documentación que consideren oportuna. Esta obra de Ames acumula retrasos desde o ano pasado cando foi adxudicada no mes de setembro.
Un investimento de case medio millón de euros
O novo comedor do CEIP A Maía foi licitado cun orzamento de 454.580,82 euros. A adxudicación data do mes de setembro do 2019 e o prazo de execución foi de catro meses a contar desde o mes de novembro de ese mesmo ano.
Cando estaba a piques de rematar o prazo, no pasado mes de marzo, a empresa solicitou unha ampliación de dito prazo ata o día 31 de xullo e, posteriormente, ata o 31 de agosto de 2020. A Xunta de Goberno Local do 20 de agosto autorizou esta segunda ampliación e agora, transcorridos tres meses dende a data de finalización da segunda prórroga, o Concello de Ames, aproba o inicio do expediente sancionador por demora na execución.