Exposición fotográfica no Pino sobre os Camiños de Auga

0

O Pino, 23 de setembro do 2021 – Trinta fotografías de gran formato sobre os Camiños de Auga forman a exposición inaugurada no concello de O Pino.

A mostra percorrerá nas vindeiras semanas distintas localizacións para promocionar os recursos turísticos do GDR Ulla Tambre Mandeo. A exposición Camiños de Auga é froito, na maioría dos casos, do traballo do fotógrafo Adolfo Enríquez. Imaxes que recollen o patrimonio dos 9 concellos do GDR.

O obxectivo é que os peregrinos que percorren o Camiño Francés disfruten das imaxes e se animen a coñecer algún dos lugares en elas reflectidos.

A mostra está situada na área de descanso de Lenguelle, en Ferreiros. En ela pódense contemplar Imaxes da lagoa e o mosteiro de Sobrado, do encoro de Portodemouros, de rutas fluviais a carón do Ulla, áreas recreativas, igrexas románicas, ou elementos etnográficos como o Batán de Mezonzo en Vilasantar. A gastronomía tamén ten o seu oco nos paneis dun metro de alto por metro e medio de ancho. Acompaña ás fotografías un breve texto informativo para situar e contextualizar os recursos.

As fotografías poderán verse no Pino ata o próximo día 1 de outubro. Despois desprazaranse ao Camiño Norte no concello de Sobrado dos Monxes. A exposición enmárcase nunha intensa campaña de promoción turística financiada pola Deputación da Coruña e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, a través do Programa Leader que está levando a cabo o GDR Ulla Tambre Mandeo.

Esta inciiativa comprende tamén unha serie de rutas guiadas para coñecer a flora e a fauna en espazos emblemáticos. As rutas culminarán os días 8 e 9 de outubro, cun maratón de observación ornitolóxica, de 24 horas de duración, no entorno da lagoa de Sobrado de Monxes, o río Ulla e na Serra do Careón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial