Expulsión dun concelleiro no pleno de Ordes (audio)

0

Ordes, 26 de febreiro do 2021 – O alcalde de Ordes, José Luís Martinez, expulsou do pleno ao voceiro do BNG, Pablo Vidal, despois de sucesivos enfrontamentos.

As habituais discusións entre o rexedor de Ordes e o voceiro nacionalistas comezaron en esta ocasión por dúas mocións sobre a transferencia da AP-9. A urxencia da do BNG foi rexeitada mentres a do PP aprobada sen que o secretario puidera explicar moi ben en que se diferenciaban.

Mesmos contidos

BNG e Partido Popular presentaban no pleno sendas mocións sobre ab transferencia da autoestrada e reclamando bonificacións. O ser rexeitada a urxencia da moción nacionalista, e aprobada a do PP, o voceiro do BNG presentaba unha cuestión de orde ao secretario que non sabía ben que respostar

Ao remate da súa intervención Pablo Vidal anunciaba o voto a favor da moción do PP e recrimináballe ao alcalde a súa actitude co conseguinte enfado de José Luís Martínez

A primeira chamada ao orde do alcalde ao voceiro do BNG produciuse cando Pablo Vidal recriminoulle ao alcalde que fixera intervencións políticas cando a moción a estaba presentando a concelleira Susana García e non el

A partir de aí os enfrontamentos continuaron rematando coa expulsión de Pablo Vidal. O nacionalista achaba a actitude do alcalde a un estado de  “nerviosismo e covardía política, tratando de ocultar as carencias da súa xestión con bravuconadas e continuas faltas de respecto para evitar ou enlamar o debate” algo que segundo opina “demostra unha vez mais que o posto de alcalde de Ordes quédalle moi grande, xa que non só ten confrontacións coa corporación municipal, se non coa propia veciñanza, cos alcaldes dos concellos veciños e incluso cos representantes doutras administracións públicas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial