Fallo do VII Concurso de Micropoemas José García Nieto

0

Padrón, 22 de xaneiro do 2021 – A Fundación Camilo José Cela e a Fundación José García Nieto veñen de facer público o fallo da VII edición do Concurso de Micropoemas José García Nieto.

Imaxen de cromaconceptovisual en Pixabay

O primeiro premio de este concurso de Micropoemas foi para  o texto El camino, de Vicente Blanco Ojea; o accésit foi para Ausencia, de Miguel Ángel Calle Luna. A mención especial do público recaeu en La nada, escrito por Ángel Alexander Freites Borges.

Ambas as dúas fundacións levan sete anos organizando conxuntamente este concurso coa intención de fomentar a creación de Micropoemas e contribuír á difusión da obra de García Nieto. Ademais, manteñen así vivo o recordo da amizade que mantiveron durante máis de cincuenta anos os dous grandes escritores e premios Cervantes Camilo José Cela e José García Nieto.

Na edición deste ano rexistrouse récord de participación cun total de 345 micropoemas presentados procedentes de 22 países diferentes. Así, recibíronse textos de persoas de lugares como España, Arxentina, Colombia, México, Venezuela, Cuba, Chile, Uruguay, Ecuador, Guatemala, Perú, Brasil, El Salvador, Alemaña, Portugal, EEUU, Australia, Costa Rica, Francia, Holanda, Nicaragua e Reino Unido.

Os textos gañadores poden ser lidos na web da fundación.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial