Fani Triana abre o Festimaxia de Lousame

0

Lousame, 11 de novembro do 2020 – A ilusionista Fani Triana será a encargada este próximo domingo de inaugurar a quinta edición do Festimaxia de Lousame.

Ademáis de Fani o Festimaxia contará con outros dous participantes: O Mago Teto eo Dani García que pasarán pola casa da cultura “Santeiros da Chave” nos sucesivos domingos.

Como en anteriores edicións, a entrada será libre e de balde, se ben polos protocolos anticovid o aforo será máis limitado e haberá que reservar a entrada chamando ao 981 82 57 80.

A ilusionista Fani Triana pecha un círculo xa que foi a encargada de pechar a anterior edición e abre o novo Festimaxia co espectáculo “Igualdade, onde estás?”.  A proposta presenta a Esperanza Marzal, unha muller nada un 8 de marzo de 1975 que desexa que no século XXI as mulleres poidan ir tranquilas pola rúa, acadar os mesmos postos de traballo que calquera persoa, acabar con todo tipo de violencia de xénero… E, como ve que esa igualdade aínda non é real, irá á súa procura utilizando a maxia e o humor.

Obradoiro de igualdade

A cita de este domingo, 15 de novembro, comeza  ás 18:00 horas pero antes, ás 17:00 horas, terá lugar unha actividade complementaria: un obradoiro de igualdade impartido por O Compás do Barbanza. A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, explica que “o obradoiro terá unha duración duns trinta minutos e o propoñemos como unha actividade complementaria ao espectáculo de Fani Triana, polo que todos os nenos e nenas que asistan levarán un agasallo relacionado coa maxia”.

Para participar no obradoiro so é preciso reservar entrada chamando ao 981 82 57 80, aínda que non é obrigatorio participar nel para poder asistir ao espectáculo de maxia. De feito, de ter moita demanda, o Concello de Lousame programaría máis sesións deste obradoiro coincidindo coas outras dúas actuacións do Festimaxia.

 Espectáculos

Outro que volverá a Lousame será o Mago Teto, que o domingo 22 de novembro, ás 18:00 horas, traerá novamente o seu premiado espectáculo “Alquimia”, unha actuación que o propio mago define como “unha fusión do teatro e as artes escénicas coa maxia” e que xa estivo incluída na cuarta edición do Festimaxia de Lousame.

“O ano pasado quedou moita xente sen poder asistir a este espectáculo por falta de aforo polo que decidimos volver a traelo e chamar a eses veciños e veciñas para darlles a oportunidade de desfrutar desta actuación”, explica Silvia Agrafojo. “Alquimia” é un espectáculo dirixido a un público familiar, a partir dos 7 anos, no que o Mago Teto experimenta con auga, terra, lume e aire na busca da pedra filosofal.

Finalmente, o domingo 29 de novembro, tamén ás 18:00 horas, o mago Dani García pechará o V Festimaxia Lousame coa súa primeira actuación no municipio. O ilusionista porá sobre o escenario da Casa da Cultura lousamiá o seu espectáculo “Don Gelai”, unha actuación que mestura maxia e humor coa participación activa de todas as persoas que asistan, xa que se trata dun espectáculo familiar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial