Feira e feiriña para a volta do San Martiño

0

Teo, 2 de novembro do 2021 – Volve a Feira do san Martiño á carballeira de Francos en Teo despois da suspensión do 2020 pola pandemia.

O San Martiño volta cunha feiriña enfocada nos cativos unha semana antes. O obxectivo é que as novas xeracións vincúlense coa feira e cos cabalos.

A concelleira de Turismo e Cultura, María López, explica que «Este ano haberá música, haberá artesanía, haberá polbo e sobre todo haberá cabalos». A cita coma sempre será o 11 de novembro, como sucede desde o século XV. López engade que a feira volve «coa intención de reivindicar o carácter rural e cabalar da feria, e farémolo cunha zona de artesás zoqueiras convidadas». A presenza nas redes sociais como medio de difusión estará garantido co cancelo #euvouaoSanMartiño21.

Música e artesanía

A programación comeza o sábado 6 ás oito e media da tarde coa presentación do San Martiño 2021 e a proxección do  himno da feira. A continuación, as nove da noite, actuará Pauliña, unha das revelacións muscais en galego no último ano. A actuación é de balde pero controlarase o aforo polo que hai que reservar entrada no seguinte enlace .

A música seguirá sendo protagonista na véspera da feira, o mércores 10 ás 21:00 horas co concerto de Os D´Abaixo. A banda folk conta entre os seus integrantes con referentes da música galega que veñen de Berrogüeto e Fía na Roca e cun integrante de Teo.

Imaxe da feira do 2015 en TeoNo día da feira a carpa institucional contará con mercado tradicional e na carpa institucional haberá artesanía, viños teenses, mercado labrego e demostración zoqueira como artesanía convidada coa presenza de Elena Ferro. Tamén estará, na entrada da feira, a Barraca de Barriga Verde.

O propio día 11 tamén haberá animación co Cego na feira con Oli Xiráldez e coas sobremesas cantareiras de Ce Orquestra Pantasma e o grupo Os Roncos da SR de Calo.

A Feiriña do San Martiño

Este ano o domingo anterior á feira do San Martiño o concello organiza a Feiriña, un encontro para que as crianzas teñan a súa xornada festiva ao redor do cabalo e da tradición. Haberá actividades para público familiar ao longo de todo o día na carpa institucional. Haberá xogos para familias na carballeira e moita música.

Pola mañá actuará o cuarteto tradicional da Asociación Cultural A Mámoa de Luou. Durante toda a xornada estará tamén o paiaso Piter e a súa banda con actividades de circo, malabares, equilibrimos, zancudos.

Dos xogos en familia haberá varios pases e o acceso farase por orde de chegada. A xornada pecharase cun concerto ás 17:30 horas de Pakolas e o seu espectáculo “Rockeando con Ramona Órbita”. O acceso farase por orde de chegada.

Olladas do San Martiño

Dende Turismo tamén se programou este ano a iniciativa Olladas do San Martiño. “Queremos ver a feira a través de tres miradas distintas e queremos facelo nas redes sociais, porque alí tamén se vive unha feira histórica e tradicional como o noso San Martiño” explica a concelleira María López.

Os fotógrafos encargados serán o fotoxornalista Óscar Corral en instagram @oscarcorralfoto, Noel Feáns é a persoa que está detrás da páxina en instagram @paisaxesgalegas e Charo Lopes en redes @umalopes.

O día do San Martiño vivirán a feira e irán compartindo en redes as súas imaxes para que os que non poidan estar poidan igualmente desfrutala. A intención é logo poder facer unha recopilación dese traballo e editar un libro de fotos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial