A 38º Festa da Filloa de Lestedo será virtual

0

Boqueixón, 22 de febreiro do 2021 – A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, en colaboración co Concello de Boqueixón, organiza a 38 edición de xieto virtual.

A Festa da Filloa celebrase con fotografías de elaboracións gastronómicas e coplas dos Xenerais da Ulla que desde hoxe inundarán a rede.

O certame fotográfico Filloarte recibiu máis de medio cento de imaxes que se difundirán nun álbum na páxina da Festa en Facebook.  Dende a publicación das mesmas, abrirase un período de votacións para decidir os gañadores. As tres imaxes que acumulen máis likes recibirán vales de compra nos establecementos de Boqueixón. A fotografía gañadora levará 200 euros, mentres que a segunda clasificada disporá de 100 e a terceira de 50 euros.

Atranque dos Xenerais da Ulla

A programación da Festa da Filloa inclue tamén a estrea dun atranque virtual dos Xenerais da Ulla de Lestedo. Un atranque protagonizado por Uxía Canabal Peón e Xulián Vázquez Canabal, que dan boa conta de que en Boqueixón o relevo xeracional neste entroido tradicional está garantido.

 

Dende o Concello de Boqueixón e dende a Asociación Cultural da Filloa de Lestedo agradecen “a implicación da veciñanza no desenvolvemento destas actividades e no mantemento desta celebración. Sen o seu esforzo e traballo non sería posible acadar o éxito acumulado nestes 38 anos de andaina”.

Estrea de páxina web

Por outra banda, a Asociación Cultural da Festa da Filloa de Lestedo estreará tamén unha páxina web sobre a celebración. Nela incluirase tanto información sobre a creación da festa, así como detalles sobre a elaboración da Filloa de Lestedo, o Entroido da Ulla e tamén imaxes das últimas edicións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial