Festas do Apóstolo, domingo 16

0

Compostela, 16 de xullo do 2017 – Antes de que mañá luns as actividades do Apóstolo se diversifiquen hoxe domingo a música será a protagonista ao longo de todo o día.

Comeza a xornada a unha da tarde na Alameda de Lavacolla coa actuación da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano mouriño Maquieira.

Medio hora despois sesión vermú no Apóstolo na Praza de Cervantes con Sabela King

E xa pola noite terceira xornada da Terra da Fraternidade na Praza da Quintana con Adrián Costa & The Criers (Galicia) e Pat Thomas & Kwashibu Area Band (Ghana) a partir das dez da noite.

Adrián Costa

O Apóstolo recibe a The Criers,  a nova banda do bluesman galego Adrián Costa. Soul poderoso con moito, moito, rock. Na primavera de 2015 publicaron e presentaron o seu primeiro LP, Sexercise, con 12 temazos propios. Con fortes raíces na música negra, a formación liderada por Costa consegue dar unha volta nova ao son dos 60 e recrearse nunha espiral de influenzas, desde o son de Nova Orleans ata os primeiros The Kinks, sen esquecer as súas reminiscencias latinas.

O percorrido do seu vocalista, nacido en Compostela en 1979, pasa pola Tonky Blues Band e Los Reyes del K.O., grupo co que lanzou seis discos. Recalou logo en San Francisco, onde fundou a súa propia banda, Adrian Costa Blues Persuasion. Despois de tres intensos anos decidiu gravar un álbum de corte máis ecléctico. The Criers complétase con Kid Andersen ao baixo, Chris Burns ao Hammond, Dennis Dove nos coros e Costa ás guitarras, batería e voces. Vídeo aquí.

Pat Thomas

Pat Thomas é un vocalista e compositor de Ghana, unha referencia do afrobeat e do highlife ghanés.Ten unha ampla traxectoria de 50 anos que vai dende os seus inicios con Ebo Taylor na Broadway Dance Band, dende finais dos 60 ata ben entrados os 70; os seus flirteos co reggae coa banda Sweet Beans; e as súas gravacións na Alemaña de principios dos 80, cando deu vida ao burger highlife -os expatriados ganeses no país xermano autodenominábanse ‘burgers’-.

Colaborador frecuente de Ebo Taylor. A súa actual banda, Kwashibu Area Band, está liderada polo multiinstrumentista Kwane Yeboha.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies