Festival en Boqueixón para conmemorar o Día das Letras Galegas

0

Boqueixón, 5 de maio do 2021 – O Concello de Boqueixón conmemorará o Día das Letras Galegas cun festival nas Ínsuas de Gres, en Ponte Ledesma.

A cita será o vindeiro domingo  16 de maio. Boqueixón escolleu as Insuas de Gres para celebrar o Día das Letras Galegas pola súa vinculación con Xosé Neira Vilas. A Insua que acollerá o festival pertence ao concello.

A asistencia a esta cita é de balde, mais o aforo estará limitado. Por iso, cómpre formalizar unha inscrición previa no Departamento de Cultura (cultura@boqueixon.com ou no teléfono 981 513 115) antes do 14 de maio.

Co fin de realizar unha distribución dos espazos de acordo cos protocolos de seguridade e prevención fronte á COVID-19, prégase ás persoas asistentes que acudan a Ponte Ledesma arredor das 11.45 horas. En caso de choiva, o festival trasladarase ás instalacións da Casa da Cultura de Camporrapado.

O Festival das Letras Galegas contará cun completo programa que comezará ás 12.00 horas. Duende Sico ofrecerá o espectáculo teatral e musical para público familiar A mestra da lingua. Esta proposta complementarase con diverso tipo de actividades de animación e promoción da lingua galega.

Galardóns a escritores e escritoras noveis

O acto central deste festival será a entrega de premios do VII Certame de relato curto Xosé Neira Vilas. Todas as persoas asistentes a este acto recibirán cadanseu libro recopilatorio dos traballos galardoados neste concurso de escritores e escritoras noveis.

Nesta edición, presentáronse máis de medio cento de traballos creados por escolares de Educación Primaria e Secundaria. As propostas están a ser valoradas polo xurado, composto pols seguintes persoas:

Presidenta: Rosario Iglesias Iglesias, técnica de Cultura do Concello de Boqueixón. Vogais: Manuel Vilaboa Cebreiro, profesor de galego no CPIP Antonio Orza Couto; Mª Rosario Golmar Saavedra, membro da Fundación Xosé Neira Vilas, e Xosé Manuel Lobato Martínez, presidente da Asociación cultural Mestre Manuel Gacio.

O Certame de relato curto Xosé Neira Vilas retoma a súa actividade logo dun ano sen poder celebrarse por mor da pandemia. Esta cita está impulsada polo Concello de Boqueixón, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e o CPIP Antonio Orza Couto. O seu obxectivo é potenciar a lectura e a creatividade literaria entre escolares, ademais de fomentar valores como a liberdade, o respecto e a tolerancia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial