Financiamento para completar a ampliación do Museo do Pobo Galego

0

Compostela, 27 de abril do 2021 – Xunta de Galicia e Museo do Pobo Galego asinan un convenio que permitirá o deseño dunha nova museografía tras a ampliación, inaugurada o pasado marzo.

O Museo do Pobo recibirá con este fin unha partida extraordinaria de 200.000 euros. O acordo foi asinado polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi.

O investimento total do convenio alcanza os 500.000 euros. O financiamento contribuirá ao funcionamento do museo, ao tempo que se impulsarán actividades culturais para desenvolver neste inmoble.

Concretamente, máis de 300.000 euros do acordo destinaranse a colaborar co mantemento do espazo museístico e a actividades, mentres que a partida restante será para o a nova museografía que se desenvolverá na ala sur e á cal o Goberno galego 400.000€ en dúas anualidades. Neste senso, Román Rodríguez fixo fincapé en que “é necesario o compromiso de todos” para que esta institución continúe sendo un centro referente en Galicia”.

As novas instalacións do Museo do Pobo Galego foron inauguradas o pasado 1 de marzo tras completar as obras de inauguración que permitirán ofrecer un cadro aínda máis completo de Galicia, ao incluír un percorrido pola historia autonómica. No contexto destas obras, ademais de dotar ao edificio de 1.600 metros máis de superficie, tamén se renovaron as fachadas e cubertas cun mellor illamento e se mellorou a comunicación coa instalación dun ascensor de alta capacidade e dunha escaleira vertical que une todas as plantas. Esta actuación realizouse a través do Consorcio de Santiago, cunha achega de 2,7M€ no que a Xunta participa de xeito destacado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial