Estudan levar a fiscalía a xestión do gromo do Psiquiátrico de Conxo

0

Compostela, 26 de xaneiro do 2021 – O sindicato Comisión Obreiras estuda levar á fiscalía o “desleixo” no gromo sufrido no Hospital Psiquiátrico de Conxo.

CCOO acusa a administración de “abandono institucional dos residentes, moitos deles incapacitados”. A posibilidade de chegar ao xulgado ven motivada polos casos detectados o pasado venres, cando se fixo o último cribado, que afecta á totalidade dos pacientes e o persoal dunha unidade residencial.

Denuncias previas

En abril do 2020 o persoal de limpeza reclamaba o mesmo trato en materia de prevención que o persoal sanitario. Esta petición cobra protagonismo 9 meses despois xa que Comisións Obreiras denuncia que en este tempo “non se fixo ningunha intervención neste centro, nin se avaliaron os espazos, nin o estado das unidades. Tampouco se reforzou o servizo de limpeza, nin se dotou de máscaras FFP2 a todo o persoal ata que se produciu o gromo”.

Comisións xa alertara a Xerencia da Área Sanitaria Santiago-Barbanza sobre a importancia de evitar a entrada do Coronavirus neste hospital pois, polo seu estado, sería difícil evitar a propagación. Se a doenza non chegou antes «foi grazas ao esforzo e imaxinación do persoal para afrontar as carencias», apunta o sindicato.

Medio ideal para a propagación do virus

A estrutura do edificio, con espazos moi reducidos, sen cuartos individuais que permitan un illamento e nos que hai que compartir comedor, aseos ou salas de lecer «son o medio ideal para a propagación do virus», sinala CCOO.

Desde a organización sindical denuncian tamén a «pasividade» do xefe do servizo de saúde mental, que non apareceu polo centro neste período de crise. Isto, sumado á falta de indicacións e protocolos de actuación claros, provocou o agravamento da situación desde o pasado 11 de xaneiro. «Por riba, retiraron un médico internista que de luns a domingo atendía as necesidades de todo o centro», denuncia CCOO.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial