Bisbarra, 9 de febreiro do 2021 – Comisións Obreiras informa dunha folga dos traballadores de ADIF a partir do 26 de este mes de febreiro.
O obxectivo dos traballadores de ADIF é defender o emprego e o carácter público do administrador do sistema ferroviario na provincia. Denuncian así mesmo a externalización de traballos en áreas comprometidas como pasos a nivel ou freados automáticos.
Redución de emprego
O representante dos traballadores critican a política de externalizacións e amortizacións de persoal por parte do administrador ferroviario. Pedro Cano, presidente do comité provincial do ADIF na Coruña e delegado de CCOO, sinala que a “extrema carencia de persoal xera un modelo de empresa afastado das verdadeiras necesidades sociais e económicas da cidadanía”.
Segundo o voceiro de CCOO, o ADIF incumpre o disposto no convenio colectivo sobre os ingresos de persoal, que deberían estar “moi por riba do 110 % da taxa de reposición. Ao tempo que non hai novas contratacións, o administrador ferroviario externaliza traballo en áreas críticas, como os pasos a nivel, desvíos, electrificación ou freado automático de trens”.
Mobilizacións durante un mes
A duración da folga será dun mes e consistirá en paros parciais en distintas xornadas:
Venres, 26 de febreiro. Paros parciais de 2 horas: de 07:00 a 09:00 e de 15:00 a 17:00.
Sábado, 27 de febreiro. Paro parcial de 2 horas: de 00:00 a 02:00.
Venres, 5 de marzo. Paros parciais de 2 horas: de 07:00 a 09:00 e de 15:00 a 17:00.
Sábado, 6 de marzo. Paro parcial de 2 horas: de 00:00 a 02:00.
Venres, 12 de marzo. Paros parciais de 2 horas: de 07:00 a 09:00 e de 15:00 a 17:00.
Sábado, 13 de marzo. Paro parcial de 2 horas: de 00:00 a 02:00.
Venres, 26 de marzo. Folga de 23 horas. 00:00 a 23:00.