Folga na recollida de lixo nos 9 concellos para os que traballa a planta de Lousame

0

Bisbarra, 8 de outubro do 2021 – Os traballadores da planta de Lousame convocan folga na recollida de lixo para o vindeiro luns día 11 e unha concentración en Noia, 12:00 h., o domingo 10.

A planta da Mancomunidade Serra do Barbanza ten, como socios, a Porto do Son, Noia, Lousame, Carnota, Muros e Brión e da servizo ademais a Ames, Pontecesures e Rois. O comité de empresa da planta de reciclaxe de lixo de Lousame compareceu este xoves en rolda de prensa para anunciar estas accións.

Imaxe de arquivo dunha manifestación dos traballadores

O representante da CIG, Paulo Rubido explicou que desde hai ano e medio o comité de empresa presentou un proxecto do que debería ser a planta no futuro tras da finalización do contrato en 2023 e tendo en conta os requirimentos establecidos pola UE en materia de xestión de residuos sólidos urbanos. A proposta foi presentada a todas as forzas políticas e a todos os concellos da mancomunidade.

O  seguimento da proposta permitiu ao comité destapar as graves carencias que poñen en perigo o futuro da planta. Ademais a representación dos traballadpdres detectou outra proposta realizada pola propia empresa FCC á mancomunidade na que se prevía a supresión da quenda de noite en triaxe e unha importante redución do persoal en recollida.

Rubido anunciou na rolda de prensa que “Deste xeito desvirtuaríase o modelo de reciclaxe ao modificar o sistema de selección manual actual, que foi o que permitiu situar a esta planta á cabeza de Europa en recuperación”.

Debate parlamentar

O comité de empresa xa puxo en coñecemento desta situación á oposición no Parlamento de Galiza e a raíz do seu debate parlamentar atopáronse que a Xunta manifestou que a planta era inviable por non adecuarse nin aos criterios definidos pola UE, nin os do Ministerio de Transición Ecolóxica. O explicaba así o deputado popular Rubén Lourenzo Gómez

Na respostas o deputado do BNG Luís Bará contradecía esa versión explicando que a nova lei en tramitación contempla excepcións como a da recollida de lixo que fai a planta de Lousame

Pola súa banda Noa Díaz, do partido socialista, lembraba que a planta de Sogama tampouco cumpre  os requisitos para as axudas europeas e acusaba a Xunta de manipular a información que da aos medios

 Demanda dunha proposta de futuro á mancomunidade

O pasado martes, día 5 de outubro, unha representación do comité reuniuse coa directora de Calidade medioambiental da consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galiza. No decurso da xuntanza, a representante da consellaría mantivo a posición da Xunta de desentenderse do futuro da planta, reiterou as afirmacións nas que se asegura que a planta non cumpre cos requisitos nin da consellaría, nin do Ministerio. En todo caso si dixo que se a mancomunidade presenta un proxecto, que o estudarían.

O comité agarda pola xuntanza prevista para hoxe venres co presidente da mancomunidade, o alcalde de Carnota, e reitera que ten que ser a mancomunidade quen elabore unha proposta de futuro e busque financiamento para garantir e mesmo ampliar a actual planta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial