Fontes de auga para os colexios de Ames

0

Ames, 21 de setembro do 2021 – O Concello de Ames instala fontes de auga nos centros educativos do municipio co fin de eliminar as botellas de plástico.

A instalación de fontes de auga suporá para o concello de Ames un importante aforro e ademais reducirá de forma considerable o consumo de plásticos.

Xa están instaladas fontes nas escolas infantís municipais e no comedor do CEIP A Maía. Está previsto que ao longo deste trimestre se coloquen nos comedores dos colexios de Barouta, Agro do Muíño e Ventín, na Escola Infantil do Milladoiro e nas unitarias de Ortoño e Covas.

O concello de Ames subministra auga nos comedores escolares, nos servizos de conciliación Bos Días Cole e Tardes Divertidas e nos programas lúdicos de nadal, entroido, primavera e xuño. Os 1.900 usuarios/as destes servizos consumen cada ano ao redor de 40.000 litros de auga o que implica un elevadísimo consumo de plástico.

David santomil, concelleiro de educación, explica que “Con esta actuación reduciremos considerablemente a factura de auga embotellada, pero ademais cumpriremos co compromiso de reducir o consumo de plásticos nos comedores escolares e nos servizos de conciliación”. 

As fontes reutilizan a auga da traída despois de filtrala e depurala. Dependendo do volume de utilización, instalaranse distintos tipos. Nas escolas Infantís xa están en funcionamento fontes pequenas dun so cano. No comedor da Maía está instalada unha de tres canos automatizados e preparados para que os monitores enchan con facilidade as xerras que logo serven nas mesas onde xantan os rapaces e as rapazas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial