Frades aportará 10.000 euros máis á hostalería do municipio

0

Frades, 5 de maio do 2021 – O Concello de Frades destinará 10.000 euros para complementar as axudas da Xunta a hostaleiros do municipio a razón de 1.000 euros por solicitante.

A aportación de Frades faise a través dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia. O acordo permite que o concello transfira os cartos ao Fondo Solidario do Segundo Plan de Rescate da Administración autonómica.

O alcalde, Roberto Rey, explica que “cada hostaleiro de Frades, ademais de recibir a axuda que lle corresponda da Xunta de Galicia, terá 1.000 euros máis procedentes dos orzamentos municipais”. Rey engade que “con este convenio evitaremos máis papeleos e máis burocracias, xa que o hostaleiro non terá que facer ningún trámite máis para recibir estes 1.000 euros. É unha forma de unir esforzos e evitar demoras para axudar a solucionar os problemas da nosa xente”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial