Frades apraza a Festa dos Nosos Maiores

0

Frades, 21 de maio do 2021 –  Frades apraza a festas dos Nosos Maiores, prevista para o 29 de maio, pola situación de pandemia que impide as reunións de grandes grupos de xente.

Frades informa tamén de que , no caso de que as circunstancias sanitarias permitan a súa celebración no que queda de ano 2021 respectando todas as medidas de seguridade que estean vixentes nese momento, o Concello faría chegar unha nova convocatoria a todas e cada unha das persoas participantes.

Imaxe de arquivo

A Festa dos Nosos Maiores é unha homenaxe que o Concello de Frades fai, o derradeiro sábado de cada mes de maio, aos veciños e veciñas de máis de 65 anos no municipio e que na súa última edición (2019) reuniu a máis de 550 persoas na carballeira de San Nicolao. Celébrase dende o ano 1998 e ata hoxe só fora suspendida nunha ocasión: no ano 2020 como consecuencia do confinamento pola pandemia da Covid-19.

Dende o Concello de Frades faise un chamamento á veciñanza para que continúe cumprindo con todas as normas sanitarias que trasladan as administracións competentes e lembra que, pesa a que gran parte da poboación xa está vacinada, o virus continúa presente. Así mesmo, o Concello agradece o bo comportamento dos veciños e veciñas do municipio, o que permite que levemos varias semanas sen que aparezan novos casos positivos.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial