Frades aproba en pleno axudas á natalidade e bonos taxi

0

Frades, 15 de novembro do 2021 – O pleno de Frades aprobou ordenanzas destinadas a apoiar a natalidade e facilitar os desprazamentos de persoas con discapacidade con bonos taxi.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explicou que “o obxectivo común destas axudas é favorecer que a xente quede no rural, por unha banda apoiando ás familias e fomentando a natalidade, e por outra facilitando a mobilidade dos nosos maiores”.

A partir de 2022 o Concello de Frades entregará 400 euros a cada familia empadroada no municipio polo nacemento, adopción ou acollida dun/dunha neno/a. Unhas axudas que estarán abertas durante todo o ano e para as que será preciso estar empadroado no municipio cunha antigüidade de 12 meses e permanecer cando menos outros 2 anos despois de ter recibido a axuda. A medida foi aprobada cos votos a favor de PP e PSOE, xa que o BNG xustificou a súa abstención en que prefería que o monto total da axuda dependera do estado económico de cada familia.

Si houbo unanimidade na aprobación da axudas de bono-taxi, dirixidas a persoas maiores de 65 anos, cunha discapacidade do 65%, persoas dependentes (Graos II e III) que non teñan vehículo propio (ou non podan facer uso del) e non estean obrigadas a empregar un transporte adaptado. Ademais, para acceder a estas axudas hai que ter uns ingresos por debaixo do 80% do IPREM. Como no caso anterior, as axudas estarán abertas durante todo o ano e entrarán en vigor a partir de 2022.

Outros temas

O Pleno tamén aprobou, cos votos a favor do PP e as abstencións dos grupos da oposición, un suplemento de crédito de 39.000 euros con cargo a baixas doutras partidas. Neste caso, aumentaranse en 27.000 euros a partida destinada a obras, 3.000 euros a combustible e outros 6.000 á redacción dos plans contra a seca e do PACES. Uns incrementos que se fan con cargo a baixas procedentes da non ocupación do posto de Secretaría e unha menor transferencia á Mancomunidade, debido ao incremento da achega por parte da Xunta de Galicia. Así mesmo aprobouse o deslinde dun camiño público en Vitre.

Na quenda de mocións, o Pleno aprobou por unanimidade a adhesión do Concello de Frades á iniciativa Xabarín do Parlamento de Galicia (para que plataformas como Netflix ou HBO empreguen o galego); deuse lectura ao manifesto “Concellos polo bo Trato” e unha moción do PP en defensa do sector lácteo no que se lle pide ao Goberno Central que habilite os mecanismos necesarios para que os agricultores cobre un prezo polo leito que cubra, cando menos, os costes de produción.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial