Frades arranxa tres pontes danadas o pasado inverno

0

Frades, 15 de outubro do 2020 – O concello de Frades rematou o arranxo de tres pontes danadas polos temporais do pasado inverno.

Frades arranxa tres pontes danadas o pasado invernoAs tres pontes arranxadas están situadas nas pistas Quintá – Papucín, San MauroFrades e Carballal – Papucín. O concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, explica que “tratouse de pequenos arranxos nas cabezas dos tubos e algúns recheos para paliar o que levou a riada daqueles días”.

Frades arranxa tres pontes danadas o pasado invernoOs traballos foron acometidos con fondos propios a través dun contrato menor e nos que se investiron 27.749 euros. Un investimento que tamén permitiu a colocación de tubos para a recollida de augas pluviais na Gándara, parroquia de Abellá, e a execución dunhas cunetas en formigón en Tarrentos, parroquia de Añá.

Frades arranxa tres pontes danadas o pasado inverno

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial