Frades e Cáritas organizan a sétima campaña de Nadal de recollida de alimentos

0

Frades, 20 de novembro do 2020 –  O Concello de Frades, en colaboración con Cáritas, porá en marcha unha recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio de cara ao Nadal.

Será a sétima edición e estará aberta do 23 de novembro ao 21 de decembro. O obxectivo común do concello de Frades e Cáritas é recoller alimentos básico como leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes ou conservas… que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente etiquetados.

Este ano mantéñense os tradicionais seis puntos de recollida: os supermercados Loli (Abellá) e Claudio e Tandy (Ponte Carreira), a Cooperativa Central de Frades, o CPI Ponte Carreira e a propia Casa do Concello. O alcalde de Frades, Roberto Rey, agradece por adiantado “a colaboración tanto da veciñanza como dos distintos establecementos e entidades implicadas neste importante labor, que nos permitirá axudar ás familias máis necesitadas do municipio nestas datas tan sinaladas”.

Durante as cinco primeiras edicións recolléronse uns 400 quilos de alimentos por campaña. Agora, o Concello de Frades fai un novo chamamento á colaboración da veciñanza e pon á súa disposición os teléfonos dos Servizos Sociais municipais (981 69 55 67) e de Cáritas (647 120 228) para resolver calquera dúbida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial