Frades convoca un concurso de fotografía de paisaxes do municipio

0

Frades, 13 de outubro do 2021 –  O Concello de Frades convoca un concurso de fotografía, que servirá de base para a elaboración do calendario municipal 2022.

O certame de fotografía está dirixido a todas aquelas persoas que o desexen, se ben os menores de 16 anos deberán contar cunha autorización asinada polo pai, nai ou titor/a.

O concurso desenvolverase ata o vindeiro 25 de novembro, data límite para enviar fotografías. A temática das imaxes será paisaxes de Frades e cada persoa participante poderá achegar un máximo de 3 instantáneas. As imaxes deberán ser inéditas, en cor ou B/N, e deberán presentarse en formato horizontal (sen marcos, bordes, marcas de auga nin sinaturas), cun tamaño máximo de 5 megas e unha resolución mínima de 300 píxels por polgada.

A temática  de cada fotografía será sobre paisaxes do concello de Frades, podendo incluír persoas pero sempre en segundo plano e contando co seu permiso. Non se permitirá a manipulación nin a alteración dixital das imaxes. Os traballos deberán enviarse antes do 25 de novembro ao correo electrónico: biblioteca.municipal@frades.gal, poñendo no asunto “Concurso de fotografía – Concello de Frades” e os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono.

Haberá 12 fotografías gañadoras, que recibirán 50 euros de premio. Os dereitos das mesmas pasarán a ser propiedade do Concello de Frades, que as editará no calendario municipal de 2022. As fotografías non gañadoras tamén serán expostas nas páxinas finais do calendario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial