Frades e Mesía compartirán un punto limpo móbil

0

Bisbarra, 6 de outubro do 2021 –  Os concellos de Frades e Mesía compartirán un punto limpo móbil compartirán un punto limpo móbil que comezará a funcionar no vindeiro ano.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou Frades, onde destacou que un total de 140 concellos xa poden facilitar a recollida de residuos voluminosos ‘porta a porta’ grazas á rede de puntos limpos móbiles, financiada pola Xunta de Galicia.

Un dos beneficiados na convocatoria de 2021 foi a agrupación de Concellos de Frades e Mesía, que xa comparten dende o 2014 a xestión dun punto limpo na parroquia de Céltigos, a carón da N-634 e na fronteira entre ambos municipios.

Na súa visita ao punto limpo de Frades e Mesía, a conselleira de Medio Ambiente estivo acompañada polos alcaldes de ambos municipios, Roberto Rey e Mariano Iglesias; así como do deputado autonómico Miguel Prado, os concelleiros de Medio Rural e Medio Ambiente de Frades, Manuel Ferreiro e Juan Carlos Portos; e Montserrat Rivas, xerente do Grupo CercedaSol.

Ángeles Vázquez recordou que desde 2019, ano da primeira convocatoria, o Goberno galego ten mobilizado 2,6 millóns de euros para adquirir 58 puntos limpos móbiles que dan servizo a 140 concellos galegos, ou o que é o mesmo, a máis de 620.000 habitantes, un 23% da poboación de Galicia. A conselleira indicou que esta rede deu un salto cualitativo este ano, pois só ao abeiro da convocatoria de 2021, concedéronse 23 novos puntos limpos, polo que se incrementou nun 65,7% grazas ao investimento autonómico de 1,27 millóns de euros.

Tamén destacou que a esta rede móbil súmase a rede de puntos fixos, preto dos 150, que dan servizo a 2,2 millóns de galegos que contan cun punto limpo fixo a menos de 10 minutos do seu domicilio. A modo de exemplo, citou a colaboración entre Frades e Mesía que, grazas a unha axuda de case 70.000 euros, facilitarán este servizo mancomunado e que no caso de Frades, complementará o servizo do punto limpo fixo, posto en marcha hai sete anos grazas a unha achega autonómica de 276.000 euros. O novo servizo estará operativo ao longo do vindeiro ano 2022.

Agradecementos

O alcalde de Frades, Roberto Rey, agradeceulle á conselleira a iniciativa dos puntos limpos móbiles que “imos implantar proximamente nas nosas parroquias. É unha medida máis para concienciar á nosa veciñanza de que temos que respectar o medio ambiente e reciclar os nosos residuos”. Pola súa banda, o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, coincidiu nos agradecementos á conselleira e desexou “poder poñer en marcha canto antes este novo servizo para os nosos veciños e veciñas en aras de achegar un grao máis de area a facer da xestión dos residuos algo sostible que nos permita ter un mellor medio ambiente”.

A conselleira de Medio Ambiente animou ás administracións a impulsar este tipo de servizos de xeito mancomunado, pois é unha garantía de eficiencia e sostibilidade, ao tempo que se reducen os custes para as arcas municipais. Por último, Vázquez Mejuto salientou que grazas a este tipo de iniciativas se evita o depósito no contedor xeral de residuos como botes de pintura, aceites, televisores, pantallas ou enxoval.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial