Frades e Xunta acondicionarán o Museo de Apeiros de Labranza

0

Frades, 12 de novembro do 2020 –  O Concello de Frades e a Xunta de Galicia están a traballar no acondicionamento do Museo de apeiros de labranza.

Este Museo de Apeiros está situada no primeiro andar do edificio multiusos, a carón da casa do concello. O investimento de 28.000 euro servirá, en palabras do alcalde Roberto Rey, para “mellorar a parte de arriba do multiúsos para poñer a funcionar o museo así como facer traballos de mantemento e posta a punto de algún dos apeiros que o integran”.

O primeiro andar conta cunha superficie de 215 metros cadrados que acollen desde o verán de 2019 todos os elementos do Museo de Apeiros de Labranza. Esta planta estaba en desuso e empregouse para almacenar todas as pezas ao acoller a planta baixa a biblioteca municipal, a aula de informática e unha sala multiusos.

O Concello de Frades achega a este proxecto 10.000 euros de fondos propios e a Xunta de Galicia os 18.000 restantes. No 2019 investíranse en este edificio 40.000 euros na remodelación da planta inferior nun proxecto xestionado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

O acondicionamento converterá a planta superior nunha sala etnográfica que serva de homenaxe ás mulleres e homes do campo galego. As persoas que visiten o museo poderán contemplar moitos dos útiles e ferramentas do campo e do fogar que foron e seguen sendo os compañeiros cotiás do traballo e da vida familiar no rural. Así mesmo, conta con paneis explicativos sobre como eran as actividades agrícolas e gandeiras no municipio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial