Frades leva rozadas máis de 300 quilómetros de estradas asfaltadas

0

Frades, 23 de xullo do 2021 – O Concello de Frades vén de rematar a primeira fase dos traballos de roza dos máis de 600 quilómetros de pistas e estradas que compoñen a súa rede viaria municipal.

Os traballos que se acometeron cos dous tractores, permitiron rozar as máis de 300 quilómetros de estradas asfaltadas do municipio. Manuel Ferreiro, concelleiro de Medio Rural, explica que “Levamos rozado máis de trescentos quilómetros de pistas, todas as asfaltadas e de todas as parroquias. A partir de agora un dos tractores comezará a dar unha segunda pasada polas parroquias mentres o outro se encarga das pistas de monte, para así cumprir co convenio contra o lume”.

Uns traballos de roza que se estenderán durante todo o verán, ata limpar os case seiscentos quilómetros de estradas do concello de Frades. A maiores, e grazas a un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural, o Concello de Frades vén de incorporar este mes de xullo unha brigada de cinco persoas para a loita contra o lume, que ten previsto rozar dez hectáreas de masas comúns como medida preventiva.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial