Frades mellora a estrada de Campo a Loureiros (Vitre)

0

Frades, 18 de agosto do 2021 –  Frades vén de investir máis de 39.982,08 euros na mellora da estrada entre as localidades de Campo e Loureiros, na parroquia de Vitre.

Os traballos de Vitre son financiados grazas ao Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural, PEIM, da dirección xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia.

As obras consistiron por unha banda na reparación de fochancas e asfaltado en quente de toda a plataforma. A continuación realizouse o pintado e colocación da correspondente sinalización horizontal e vertical.

A esta intervención o Concello de Frades engadirá a mellora do viario entre as localidades de Campo e Pista. Para este traballo, tamén na parroquia de Vitre, o concello aporta 10.000 euros.

Neste caso Frades procederá ao asfaltado de catro tramos de estrada, que suman unha distancia de 655 metros. Darase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e instalación dun sinal de Stop. Unhas obras incluídas no Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2021-2022.

Outras actuacións

En total, este plan de mellora recolle actuacións en catro pistas do municipio e foi adxudicado por 48.008 euros. Canda a mencionada mellora do viario de Campo á Pista (Vitre), o Concello de Frades mellorará o camiño de acceso a Reirís (Frades), a pista de acceso ao camposanto de Añá e os accesos á Cooperativa Láctea de Ledoira.

No caso dos accesos á Cooperativa Central de Frades, o Concello mellorará a seguridade dos vehículos que circulan pola zona ao executar 34 metros de cuneta triangular de formigón para a recollida das augas pluviais e a colocación de 36 metros de barreira de seguridade. O camiño, de 875 metros, será mellorado coa reparación de fochancas e un tratamento asfáltico semiprofundo.

No caso da pista a Reirís, asfaltaranse tres treitos de camiño, que suman 390 metros e que están actualmente en zahorra, o que supón un firme insuficiente para o tráfico de vehículos de gran tonelaxe que circulan por el xa que, ademais de dar acceso a parcelas agrícolas, tamén dá acceso a importantes instalacións gandeiras do municipio. Por iso, o Concello asfaltará o camiño e ancheará a estrada uns 150 metros cadrados. Finalmente, repararanse as fochanchas e reporase o firme asfaltado dos 725 metros da pista de acceso ao camposanto de Añá.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial