Frades, “O meu xénero non define o que son”

0

Frades, 11 de novembro do 2021 – A lenda “O meu xénero non define o que son” é a escollida este ano para protagonizar a campaña municipal do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, do Concello de Frades.

Unha proposta realizada por “Os tres de sempre”, pseudónimo baixo o que se presentaron ao concurso Jeni Gómez García, Ana Pernas Mato e Hugo Rodríguez Rúa, alumnado do IES de Ponte Carreira.

Un concurso no que tomaron parte os alumnos e as alumnas do IES de Ponte Carreira, que presentaron as súas propostas para a campaña municipal. Finalmente, o xurado, integrado por profesorado do IES e técnicas municipais, escolleron a proposta de Jeni, Ana e Hugo, que ademais de ser recollida en camisetas, adhesivos e carteis, tamén será inmortalizada nun graffiti que se fará no campo de fútbol de Ponte Carreira.

Estes tres rapaces collen o relevo de Rubén Fariñas, quen deseñou a campaña do ano 2020 e cuxa proposta, “Todo está na nosa man”, aínda pode verse en forma de graffiti no exterior do campo de fútbol de Abellá.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial