Fran Sieira presenta Entre Soños en Compostela

0

Compostela, 25 de abril do 2019 – Baile e música tradicional son o sustento de Entre Soños, un espectáculo dirixido e interpretado por Fran Sieira que se presenta esta tarde, 20:30 h. e 10€, no teatro Principal de Compostela.

Entre Soños pon en escena a figura dunha persoa deitada como si nunha cama se tratase inmersa nun profundo soño. Lonxe de conseguilo é invadida por milleiros de pensamentos e inquietudes. Nos seus soños cobra vida esa valentía por conseguir todo o que se propoña, pero tamén as súas debilidades, medos e frustracións. Esta personaxe deixarase levar por ese trasgo malo que lle di que se lance ao abismo, que sexa valente e que faga o que o corazón lle pida, pero que a súa consciencia lle impide, e ao mesmo tempo loitará e/ou deixarase guiar por esa voz da tranquilidade, esa voz que lle fai ser consciente de que non son máis que soños e non poderán ser máis ca iso. Escenificando deste xeito encrucilladas nas que cada un de nós nos vimos envoltos nalgún momento das nosas vidas. Esas gañas por perseguir os nosos soños e inquietudes e eses medos que nos paralizan e non nos deixan avanzar.

A peza está dirixida por Fran Sieira e dirección artística corre a cargo de David Vilariño. Sieira a interpreta xunto con Aida Tarrío e Xisco Feijoó. Na música e o deseño de son está Anxo Pintos e na escenografía Vanesa Hernández. O deseño de iluminación foi cousa de Luis Perdiguero e o vestiario de Alessio Meloni.

#POSFUNCIÓN

Ao remate da función os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial