Frustración na Plataforma Casalonga Limpa de Residuos

0

Teo, 30 de setembnro do 2021 – A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos acabo este mércores frustrada e sen saber que sucederá no futuro inmediato coa canteira.

Pola mañá, no Parlamento de Galicia, o Deputado do BNG Luís Bará preguntaba ao Conselleiro Francisco Conde pola Canteira da Casalonga. O Vicepresidente da Xunta e responsable de economía defendía o traballo de Toysal e lembraba que conta con todas autorizacións. Sorprendía as referencias aos empregados da canteira cando hai moito tempo que alí non se percibe actividade.

Decepción da Plataforma

Jaime Elías Navarro intervindo no Pleno municipal

Xa no pleno municipal de Teo a Plataforma da Casalonga tomaba a palabra, por medio do seu presidente Jaime Elías Navarro, para darlle un tirón de orellas a todos os partidos  

No debate formal a concelleira de urbanismo, Uxía Lemus, explicou a particularidade do momento actual. A licencia de actividade que se ven de suspender polo concello é de 1978, aínda que existían incumprimentos era a Dirección Xeral de Minas a encargada de vixialos pero a concesión en agosto do Plan de Restauración provoca que dita licencia poida ser suspendida a nivel municipal

Debido ás restricións de aforo parte dos membros da Plataforma da Casalonga tiveron que escoitar o pleno desde o exterior

Manuel Barreiro do BNG criticou duramente a actitude do Partido Popular e a súa rotura da unidade

Pola súa banda Antonio Reyes, en representación do Partido Popular, dixo que a unidade non chegou a existir nunca e acusou ao concello de non tomar as medidas necesarias

Pola súa banda o alcalde, Rafa Sisto, rematou as quendas de intervención acusando ao PP de plantexar unha realidade alternativa e pedíndolle que se sumara a loita

Un debate que só serviu para reafirmar as distintas posturas e que frustrou a unha Plataforma que marchou do pleno sen ter claro si terán ou non que convivir cun vertedoiro a non tardar moito tempo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial