A Fundación Rosalía recibiu a Cantata Rosaliana que se estreará en xuño na Coruña

0

Padrón, 1 de abril do 2017 –  A Fundación Rosalía de Castro recibiu un exemplar da partitura da Cantata Rosaliana de mans do seu compositor, o director da coral Follas Novas da Coruña, Fernando Vázquez Arias, que tamén lle entregou outro exemplar ao presidente da devandita coral. A obra será estreada o 23 de xuño na Fundación Barrié da Coruña. 

A ‘Cantata Rosaliana’ é unha obra inspirada na poeta de Padrón e dedicada á Coral Polifónica Follas Novas pola súa achega á música galega desde a súa fundación en 1944. É unha obra coral para soprano, mezzo soprano, barítono, baixo, coro mixto e piano, inspirada na literatura e poesía de Rosalía de Castro , facendo fincapé nalgúns dos temas que máis identifican a poetisa de Padrón como: a emigración, as cartas a Murguía, os seus poemas de ‘Follas novas’, ‘Cantares gallegos’, e o importantísimo papel que desenvolve no movemento literario do Rexurdimento en Galicia.

A Cantata Rosaliana céntrase en poemas de Rosalía, aínda que un dos poemas é de Federico Garcia Lorca, pero á sua vez intercálanse textos propios do compositor que describen en ocasións conceptos da vida da poetisa e os seus sentimentos mais enfrentados. 

A voz solista de soprano corresponde co persoaxe de Rosalía de Castro e o barítono co seu home Manuel Murguía. Esta obra consta de seis movementos: Follas Novas, Cartas a Rosalía, Coro dos emigrantes, Cantares Gallegos, Calade, Canzón de cuna para Rosalía de Castro, morta.

O presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, declarou na presentación que “estamos moi contentos de que o talento creativo de Fernando Arias estea ao servizo dun proxecto desta envergadura e tamén moi orgullosos de que a obra e a figura de Rosalía de Castro continúen a dar froitos, neste caso, musicais”. Alén disto, congratulouse de que “os vínculos establecidos coa coral Follas Novas dalgún xeito permanezan”, en referencia á cesión en depósito do piano da familia de Rosalía en xullo de 2016.

O compositor afirmou na presentación da Cantata rosaliana que “sempre tiven en mente escribir unha obra musical inspirada no legado literario e na esencia da vida de Rosalía, así que cando no 2013 me fixen cargo da direccion da coral Follas Novas perfilei a idea e comencei a escribir unha peza que agora forma parte de ‘Cantata Rosaliana’ (Follas Novas) que conta un pouco a historia do nacemento de dito coro que bautizaron co nome do poemario de Rosalía. 

A parte coral da cantata, é dicir, o coro, representa o amor e a admiración que os galegos teñen pola obra de Rosalía”. 

Arias tamén explicou que para el “ver acabada esta obra supón un gran reto e agora esperamos a súa estrea o vindeiro dia 23 de xuño do 2017 deste ano na Fundacion Barrié da Coruña”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial