A Fundación Rosalía de Castro celebra o seu día en Padrón e Compostela

0

Padrón, 24 de febreiro do 2017 – A Fundación Rosalía de Castro preparou unha serie de actos para conmemorar o nacemento da poetisa que terán lugar en Compostela e Padrón.

Os actos van desde a colocación dunha coroa de frores,  na estatua da alameda de Compostela, ata a preparación do Caldo de Gloria, na hostelería padronesa ademáis dun concerto do grupo Ialma.

En Compostela: 

11.15 Coroa de homenaxe na estatua de Rosalía de Castro na Alameda no seu centenario

11.30 Acto institucional no Hostal dos Reis Católicos. Chegada ao Hostal coa comitiva ao son da Alborada. Participación de diferentes institucións e entidades colaboradoras coa Fundación a través do recitado duns versos de Rosalía. Música: Carapaus e Ialma

En Padrón: 

13.00 Homenaxe diante da estatua de Rosalía de Castro no Espolón. Participación de escolares dos centros de Padrón e de Amipa coa lectura do poema “Miña casiña, meu lar”.

Inicio do “Caldo de Gloria” por Rosalía.

Percorrido polas rúas de Padrón: pintadas, bandeirolas e caldo na hostalería.

19.00 Na Casa de Rosalía

– Proxeción da curtametraxe Unha muller que pasa – Silencio de Paco Gallego e Xosé Bocixa, gañadora das Curtas para Rosalía de 2016.

– Actuación do grupo Ialma

– Preparación do Caldo de groria na lareira da Casa de Rosalía

21.00 Caldo de Gloria e foliada na vila de Padrón

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial