Futuro incerto para a Casa do Matadoiro

0

Compostela, 31 de maio do 2021 – Os colectivos que traballan na Casa do Matadoiro concentráronse este domingo para protestar polo futuro incerto que ven para o espazo.

O cambio de pechadura que o concello realizou en abril deixou sen acceso a estes colectivos. A mobilización diante da Casa do Matadoiro foi a primeira dunha serie de accións que queren levar a cabo.

Un edificio envolto na polémica

A Casa do Matadoiro é un edificio sempre envolto na polémica desde que fora construído en 1984. Esta levantado nos terreos onde se situaba un matadoiro do século XVII que acabou por dar nome á praza

Durante anos o espazo foi ocupado pola Casa da Xuventude dependente da Xunta de Galicia.

Coa marcha de este organismo o Partido Popular de Santiago comezou unha campaña promovendo o derribo do edificio. Nin o goberno de Compostela Aberta nin o actual doPSdeG o chegaron a considerar. Si se valorou a posibilidade de buscar unha reforma arquitectónica que permitira acceder ao parque de Belvís desde a praza pero tampouco se concretou nada.

Autoxestión

Nos últimos anos o colectivo Matadoiro Compostela auto xestionou o edificio. Grupos de teatro, de ioga, local de ensaio, etc . U feixe de actividades promovidas por asociacións e particulares que se poñían de acordo para o uso sen depender de horarios oficiais

No mes de abril o concello decide cambiar a pechadura e retomar o control do edificio sen avisar aos usuarios tal e como contaba un dos integrantes da protesta

O Concelleiro de Xuventude, Ruben Prol, explicaba hai uns de días que se trataba de acometer reformas e que se lles ofreceu alternativas aos distintos colectivos

A visión da situación dos integrantes da protesta é moi distinta xa que cualificaron a comunicación co concello de errática

Da a sensación que cando derrubas edificios históricos o que constrúas encima estará maldito. Pasou co edificio Castromil xa que a Praza de Galicia nunca convenceu a ninguén e pasa con este edificio, tal vez fora mellor ter acondicionado o vello matadoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial