Gadis reúne nun libro 100  microrrelatos

0

Bisbarra, 28 de xaneiro do 2021 – Gadis ven de editar, en papel e formato dixital, un libro con cen microrrelatos do certame organizado baixo o lema “Toda historia comeza con tres palabras”.

O I Concurso de  Microrrelatos de Supermercados  Gadis contou co participación de 1.819 persoas con inquietudes literarias. O volume agora editado recolle aos cen finalistas.

A compañía agradece aos participantes o seu esforzo e enxeño, que permitiu editar  10.000 exemplares, que foron regalados nos puntos de venda. O libro pode descargarse en formato dixital en www.gadismicrorrelatos.com, web na que tamén se poden ler todos os textos participantes.

O certame baixo o lema “Toda historia comeza con tres palabras” prolongouse desde o 25 de xuño ata o 15 de setembro de 2020. Recibíronse escritos, en galego e castelán, centrados nos momentos máis esperados durante o pasado ano. Atoparse a un mesmo, descubrir unha paixón, unha nova afección… “Os encontros son as persoas, os lugares os sentimentos. É volver vernos despois de moito tempo e, tamén, cruzarnos despois de poucas horas”. Desta forma, o concurso convidaba á participación.

A maior parte das obras recibidas proceden de diversos puntos de Galicia e Castela e León. Pero non foron os únicos, xa que destaca a recepción de propostas doutras partes do país, como Sevilla, Barcelona ou San Sebastián, entre outros.

Os gañadores do concurso

O primeiro premio foi concedido a Mariel da Coruña polo seu texto sobre o reencontro de dúas vellas amigas nunha imaxinaria sesión vermú; o segundo tamén se quedou na cidade herculina, cun  microrrelato no que Alexander  Merod describe, tan só con tres palabras, algunhas das peores situacións que poderían ocorrer neses ansiados encontros. Pola súa banda, o terceiro premio levoullo Marco  Pichucho, da Rigueira (Xove), cun escrito que versa sobre como viviu o esperado momento de volver ver á súa avoa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial