Galicreques celebra os 35 anos de Títeres Cachirulo

0

Compostela, 13 de setembro do 2021- O XXVI Festival Internacional Galicreques, que se celebrará en outubro, prepara unha programación especial para conmemorar os 35 anos de Títeres Cachirulo.

A organización de Galicreques pide a colaboración dos comercios de Santiago. A idea é realizar unha mostra, nos distintos escaparates, cos personaxes das obras de Títeres Cachirulo desde o seu comezo.

Cada un dos comercios ou locais que así o desexen poden acoller unha selección de monicreques e decorados. Aqueles que estean interesados en participar só teñen que enviar un correo electrónico a

cachirulo@titerescachirulo.com co nome do establecemento, as dimensión do escaparate, e o seguinte formulario cuberto .

A iniciativa, que tivo moi boa acollida no 22 Festival Internacional de Títeres de Redondela, busca poñer en valor o comercio local e a cultura, dando a coñecer a historia e labor que a compañía vén desenvolvendo dende o ano 1985.

Cachirulo

Títeres Cachirulo caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e teatro de rúa.

As súas obras percorreron os escenarios de numerosas programacións e festivais internacionais de Europa e América obtendo importantes premios.

O XXVI Festival Internacional Galicreques celebrarase do 9 ao 17 de outubro de 2021.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial