Galicreques ofrece un taller de sombras e  catro funcións en distintos lugares

0

Compostela, 11 de outubro do 2021 – Continúa o Festival Internacional de Títeres, Galicreques, e hoxe luns organiza un taller de sombras e catro funcións distintas.

De 9:00h a 11:00h e de 15:00h a 17:00h celebrarase o taller de sombras que imparte Beniko Tanaka para adultos e que terá lugar na Fundación SGAE. A artista xaponesa achegará claves e personaxes de tradicións escénicas diferentes e ofrecerá as claves narrativas e técnicas da manipulación de marionetas que proxectas sombras.

A Carpa da Alameda acollerá ás 13:00h aos aragoneses de Proyecto Caravana co seu espectáculo Versos en tu ventana, particular exposición sobre unha colección de poemas e contos en verso que cobran vida dentro dos marcos dun vello museo. Media hora máis tarde, ás 13:30h, na Praza das Praterías dará comezo, da man de Plansject , o espectáculo La danza de las marionetas; protagonizado por pequenas tallas de madeira que cobran vida ao son dos variados instrumentos que tocan.

Xa pola tarde, ás 17:00h, Títeres Cachirulo ofrécenos a función Xurásico Perdido no Teatro Principal, aquí o misterio e os dinosauros cobran vida para facerlle pasar á cativada unha experiencia única e moi argalleira.

Para rematar esta xornada, ás 18:00h, a Carpa da Alameda recibirá a Teatro de Marionetas la Estrella co seu espectáculo Les Magníficus que nos descobre a beleza da misteriosa Cleopatra mentres admira os poderes da médium Caspolina deixandonos levar por un espectáculo de actor e marionetas de fío cheo de sorpresas e emocións.

O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co patrocinio de institucións e entidades como a Xunta e Galicia a través da Agadic, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura e  Fundación SGAE, continuará mañá luns coa súa 26º edición, que se celebrará até o próximo domingo 17 de outubro. Nesta xornada, o encontro internacional ofrecerá un taller de sombras e catro funcións repartidas entre a Carpa da Alameda, a Praza de Praterías e o Teatro Principal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial