Gonzalo Caballero reúnese co alcalde de Brión Pablo Lago

0

Brión, 5 de agosto do 2021 – O Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reuniuse co alcalde de Brión, Pablo Lago, nun encontro adiado pola pandemia.

Caballero estivo acompañado polo presidente do PSdeG e senador, Xoaquín Fernández Leiceaga; e da deputada Noa Díaz. O alcalde recibiu ao lide socialista na porta do concello en donde agradecía ante os medios de comunicación o encontro que cualificou de moi necesario

Gonzalo Caballero pola súa banda comprometía todo o apoio do partido ao traballo de Pablo Lago en Brión e destacou a complexidade de asumir o cargo en plena pandemia

Caballero instou á Xunta a “reconsiderar” o peche dunha aula na Escola de Educación Infantil de Sabaxáns, logo do anuncio por parte da Consellaría de Educación “en pleno verán”. Así, censurou que a Xunta pretenda integrar nunha mesma aula aos 18 alumnos e alumnas do centro cando isto “suporía un enorme prexuízo para o alumnado”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial