Gromo de Covid nunha granxa de visóns da Baña

0

A Baña, 22 de xaneiro do 2021 – A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia informa dun foco de Covid nunha granxa de visóns do concello da Baña, é o primeiro da nosa comunidade e o segundo en España.

Imaxen de Derek Naulls en Pixabay

Galicia acolle o oitenta por cento de este tipo de granxas de todo o estado. Na da Baña hai máis de 3.000 animais que seguindo os protocolos establecidos serán sacrificados en próximas datas.

Inspeccións periódicas

A detección di foco produciuse nun dos controis de vixilancia establecidos no “Programa de prevención, vixilancia e control de SARS-CoV-2 en granxas de visón americanos en España” elaborado polos ministerios de Agricultura e de Sanidade. A explotación permanece inmobilizada e sometida a vixilancia e control oficial polos Servizos Veterinarios Oficiais da Consellería do Medio Rural.

Este foco notificarase oficialmente por parte do MAPA á Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) e á Comisión Europea, tratándose do segundo caso de infección por SARS-CoV-2 en visón americano en España, tras o detectado no pasado mes de xuño nunha granxa da provincia de Teruel.

Queixas ecoloxistas

Organizacións ecoloxistas veñen denunciando desde hai tempo o risco de este tipo de explotacións. Según ADEGA estas granxas teñen o maior risco de dispersión de infección de todo o estado. Esta mesma organización denunciaba o pasado mes de decembro que parte das producións situadas en Galicia poderían ser ilegais según unha sentenza do ano 2016.

Adega defende o peche absoluto de estas instalacións e pon como exemplo o sucedido nos Países Baixos “O impacto económico non compensa en absoluto o mantemento dunha actividade de tan alto risco biolóxico e de saúde. En Dinamarca pecháronse todas as granxas, unhas 1200, que daban emprego a 1800 persoas. Seguindo esta proporción, as 26 granxas galegas manterían uns 40 postos de traballo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial