Guadi Galego abriu o Son do Camiño Perséidas

0

Compostela, 15 de xullo do 2021 – Guadi Galego foi a encargada de abrir o Son do Camiño Perséidas cun público entregado e con ganas de festa.

Era un dos festivais máis esperados e mantivo a incógnita da súa celebración ata o último momento. O Son do Camiño Perséidas é unha ponte cara o 2022 no que se espera un evento máis semellante a edicións anteriores.

Guadi Galego e Rozalen foron as mulleres encargadas de abrir a cancela do Monte do Gozo. Un espazo remodelado, dentro e fora do recinto, que se adecuou á perfección as medidas restritivas nas que vivimos.

Sete portas, cos nomes das sete portas de Compostela, serviron para manter un control estrito sobre o público. Sete burbullas que na primeira cita quedaron en boa parte baleiras. Cadeiras colocadas de dous en dous, separadas co respecto ás do redor,  e cun acceso entre cada fila facilitaban o movemento. Prohibición de fumar no recinto e sen posibilidade de volver a entrar si se sae.

A falta de público nas localidades máis afastadas do escenario, o vento que soprou toda a  noite, e a imposibilidade de moverse da cadeira asignada arrefriou un pouco o primeiro concerto. Aínda así o público coreou as cancións de  Guadi Galego e Rozalen. Xente entregada que agradeceu o esforzo dos asritstas desde o primeiro momento.

O Son do Camiño Perséidas estreouse con boa nota e xerando ilusión. Hoxe segunda xornada co galego Pablo Lesuit e un esperado Camilo, unha das revelacións dos últimos dous anos. Noite para bailar música con tintes latinos pero en espazo de chotis, sen sair da baldosa.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial