‘Hit the road’, gaña a primeira edición competitiva de Cineuropa

0

Compostela, 25 de novembro do 2021 – A iraniana ‘Hit the road’ converteuse na mellor película na primeira edición competitiva de Cineuropa.

O xurado internacional da 35ª edición de Cineuropa estivo composto pola directora uruguaia Gabriela Guillermo, a crítica e xornalista catalá Imma Merino e o cineasta compostelán Alfonso Zarauza. A crítica ten dito de ‘Hit the road’ que é unha “belísima fábula sobre a perda, os cambios vitais e o malestar do seu país”. ‘Hit the road’ é a ópera prima do iraniano Panah Panahi (fillo do veterano Jafar Panahi).

Imaxe de “Hit the road”, película gañadora de Cineuropa35

Pola súa banda, o premio á mellor dirección foi para C.B.Yi, autor de Moneyboys, un filme pouco común que representa a homosexualidade en China con gran sensibilidade e calidez. No mesmo apartado, o xurado deu unha mención especial a Clara Roquet “polo ton xusto co que aborda en Libertad a complexidade das relacións humanas nunha sociedade marcada polas diferenzas e privilexios de clase”.

La chica nueva, de Micaela Gonzalo, e Azor, de Andreas Fontana recibiron o premio ao mellor guión “ex-aequo”.

Por último, os premios a mellor actriz e a mellor actor recaeron en Ann Dowd e Jason Isaacs respectivamente, dous do protagonistas Mass, un filme valente dirixido Fran Kranz que busca promover un debate serio sobre o control de armas e a saúde mental.

Palmarés do Xurado Novo

Pola súa banda, o xurado novo composto por Alicia Aykan, Ana Moreira, Cristian Silva, Rebeca Fernández e Sheila Dopazo distinguiu a Gaspar Noé como mellor director pola “sensibilidade, o realismo e o risco formal á hora de retratar a soidade compartida dos protagonistas” en Vórtex.

O premio á mellor interpretación foi para Iván Cáceres, protagonista da cinta chilena Mis hermanos sueñan despiertos, por “humanizar e, ao mesmo tempo, facernos conectar con todos os mozos e mozas marxinados e sepultados baixo cifras”.

A xaponesa Drive my car, de Ryûsuke Hamaguchi, recibiu o premio do xurado novo ao mellor guión por “unha linguaxe plurilingüe, introspectiva pero non resolutiva, chea de dor e soidade”.

O Premio Especial do Xurado Novo foi para Mala sorte no sexo ou porno tolo, do romanés Radu Jude, “pola súa audacia política e a súa habilidade coa ironía, xunto coa provocación contra os prexuízos da nosa sociedade”.

Por último, Alicia, Ana, Cristian, Rebeca e Sheila premiaron a Moneyboys, do chinés C.B. Yi, como mellor película “por unha estética brillante, con xogos na imaxe, que nos mostra unha realidade cruel e marxinal, na que se busca sobrevivir sen perder a dignidade”.

Premio do público

O premio do público recaeu en ‘As ilusións perdidas’, do francés XavierGiannoli, cunha puntuación de 8,23

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial