Homenaxe a José Afonso e Benedicto en Compostela

0

Compostela, 7 de maio do 2021 –  A Asociación José Afonso, AJA, organiza este domingo o acto ” José Afonso e benedicto vozes da liberdade”

A cita as doce do mediodía co fin de conmemorar o histórico concerto de 1972 no Burgo das Nacións, en Santiago de Compostela, unido á programación da Revoluçom dos Cravos desta edición.

O evento contará coa actuación de Falua e as intervencións de Odilo González, presidente da AJA-Galiza, e de Mercedes Rosón, concelleira de Cultura en Santiago. No transcurso do acto instalarase unha placa conmemorativa e descubrirase o mural de gran formato “José Afonso e Benedicto, vozes da liberdade”, que mide 12 x 2,5 metros e pretende transmitir ás xeracións presentes e futuras de estudantes aquel feito e os valores que cantaban.

José Afonso e Benedicto

Con esta celebración, a AJA-Galiza quere recoñecer a importancia de Benedicto García Villar na vinculación de José Afonso con Galiza. Benedicto, unha das caras visíbeis de “Voces Ceibes”, viaxa en abril de 1972 a Setúbal, en Portugal, para coñecer José Afonso e traba amizade con el.

Benedicto o convida a realizar unha primeira xira, entre a que se atopaba ese concerto do Burgo das Nacións para estudantes. Foi neste espazo onde o Zeca cantou por vez primeira en público o icónico “Grândola, Vila Morena”, dous anos antes de se converter no símbolo da revolución en Portugal.

O propio José Afonso manifestou que por mediación de Benedicto, coñeceu na Galiza “uma certa forma de resistência ao franquismo, uma resistência cultural e política”. “A primeira vez que cantei Grândola em público foi na Galiza. A malta estusiasmou-se. Criou-se um efecto de fraternidade muito intenso. Punham-se de pé, cantavam, agitavan os braços… Foi a experiencia mais maravilhosa, algo especial. Talvez ninguem me entendesse como na Galiza”, manifestou José Afonso nunha entrevista realizada con posterioridade.

Entre os anos 1972 e 1974 Benedicto acompaña José Afonso en distintas xiras e mesmo gravan un disco conxunto. Xa despois da morte do Zeca, Benedicto foi o impulsor de diversas conferencias e homenaxes á súa persoa, espallando a súa música e reivindicaçións de democracia entre a sociedade galega da época.

A AJA-Galiza quere agradecer a familia e amizades de Benedicto, persoas asociadas, estudantes, Gentalha do Pichel, Concello de Santiago, Universidade de Santiago e á residencia do Burgo das Nacións a súa participación e colaboración neste acto para que estudantes de hoxe e de mañá coñezan a mensaxe na procura da liberdade que deixaron persoas como José Afonso e Benedicto.

Dentro das actividades desta conmemoración, a AJA Galiza colabora tamén co seu asesoramento e participación no documental “Zeca 1972 Galiza, que se proxectará o sábado 8 de maio ás 19:30 na Gentalha Do Pichel, producido por Xarda e Nós Televisión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial