Hostalaría Compostela di non á Xunta de Galicia

0

Compostela, 20 de novembro do 2020 – A Asociación Hostalería Compostela decidiu non asinar o acordo coa Xunta de Galicia xa que considera que as axudas son insuficientes e non poden ser só un balón de osíxeno puntual.

Desde Hostalería Compostela valoran o esforzo da Xunta de Galicia pero din que “Precisamos un acordo global que nos indique como se vai a traballar e que solución se lle dá a aqueles locais que non van poder facelo”.  Engaden que o obxectivo ten que ser “traballar coas medidas hixiénico e sanitarias que se consideren e ter unha alternativa incluso de reconversión para aqueles establecementos que se lle prevé dificultades por razón de espazo”.

Revisión das normas

Hostalería Compostela pide tamén que, en base aos datos obxectivos actuais da pandemia, se revisen as restricións impostas en Santiago e nos concellos da súa área que teñan unhas cifras máis favorables.

En calquera caso a Asociación segue disposta ao diálogo e quere deixar claro que “a saúde e a vida teñen a máxima prioridade pero tamén é necesario buscar un equilibrio que garanta a supervivencia dos negocios e, polo tanto, de todas as familias que viven deles”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial