Hostalaría considera que os peches son un “castigo inxusto”

0

Compostela, 29 de decembro do 2021 – A Asociación Hostalaría Compostela denuncia que as novas restricións impostas ao sector son un “castigo inxustificado”.

Hostalería móstrase moi preocupada pola situación do sector en este ano e de cara ao 2022. Desde a Asociación consideran que o que califican de “castigo” pode ser fatal para “unhas economías xa moi tocadas”..

Neste senso, Hostalaría Compostela destaca que o sector leva case dous anos acatando as normas sanitarias, adaptándose a multitude de cambios e demostrando que os seus espazos son seguros, “Os nosos negocios levan demasiado tempo realizando un gran esforzo. Pedimos que se teña en conta e se garanta a nosa supervivencia”, afirman desde a Xunta Directiva.

Os restaurantes da cidade acumulan xa varias semanas de cancelacións, nunha época do ano que tradicionalmente supoñía unha elevada facturación polas comidas e ceas de Nadal. “Ter que suspender estas celebracións supón unhas perdas cuantiosas para os locais porque as mercancías están compradas e os contratos do persoal feitos”, sinalan.

O mesmo ocorre co ocio nocturno que, unha vez máis, resulta enormemente prexudicado. Por outra banda, a situación da rama da hospedaxe tamén é moi delicada. Moitos dos hoteis e pensións asociados á entidade decidiron pechar nestas datas debido á escasa demanda e aqueles que permanecen abertos apenas chegan ao 25% de ocupación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial